Os debuxos anatómicos máis enigmáticos de Leonardo da Vinci
O xenio renacentista realizou un refinado estudio sobre a anatomía do corpo humano grazas á disección de cadáveres, nun momento no que esta práctica non estaba ben vista Leonardo da Vinci (1452-1519), realizou no século XVI uns debuxos sobre a anatomía humana que poden competir perfectamente cos que vemos na actualidade. O xenio renacentista consideraba indispensable para coñecer os segredos do corpo humano, abrilo e observalo dende todas as perspectivas posibles . Este afán de coñecemento propiciou que se interesara polo campo da anatomía, tan enigmático naquela época. A súa fascinación polo corpo humano pódese cualificar de mesiánica, ao principio acercouse a través da disección de animais, de feito algún dos seus primeiros debuxos mostran o aparello dixestivo con dous estómagos, trala observación dunha disección dunha vaca. O mestre da morte Todo cambia cando no ano 1510 o artista italiano establécese en Pavía para traballar con Marco Antonio della Torre (1481-...