Océanos de Plástico. Innovación para limpiar o mar


Os océanos actúan como os pulmóns do noso planeta, proporcionando a maior parte do osíxeno que respiramos. Ademais, o océano absorbe anualmente preto do 25% do CO2 que se emite á atmósfera debido á actividade humana, reducindo así o impacto deste gas con efecto invernadoiro no clima. Tamén son fonte de alimento e medicinas e parte fundamental da biosfera.
E sendo como é fonte de vida, só o 1% da superficie océanica está protexida. O lixo de  plásticos nos océanos supera xa os 5 billóns de trozos de plástico, que supoñen un peso de mais de 150 millóns de toneladas.
*Cada ano vertense mais de 8 millóns de toneladas de plástico aos mares. É o equivalente a verter un camión de lixo cheo de plásticos cada minuto.
Se non lle pomos freo a situación, no ano 2050 os océanos poderían ter mais plásticos que peixes e aproximadamente o 99% das aves mariñas habería inxerido nalguna ocasión plásticos.
Os productos do mar son a principal fonte de proteínas  para polo menos una de cada catro persoas no mundo. As reservas pesqueiras resintense con esta degradación do ecosistema e os expertos advirten de que o 35% dos peixes que pescamos teñen unha media de una ou dúas pezas de plástico nos seus estómagos.
De seguir así, de non facer nada, nada por retirar este lixo e frear o ritmo de vertidos, a situación podería ser irreversible. A limpeza de plástico dos mares é un imperativo ineludible. A solución a este problema é a prevención: concienciar sobre a importancia da reciclaxe e a redución do seu consumo, así como a invención de bioplásticos non contaminantes.

Algunhas ideas innovadoras para limpar a auga do mar:

-Bacterias que devoran plásticos:

Científicos xaponeses descubriron unha bacteria (Ideonella sakaiensis 201-F6) que come o plástico mais común (PET o tereftalato de polietileno), xusto o empregado nas botellas de auga desechables e noutros productos como roupa, bandexas de comida ou envases.





-SEAWER, un rañaceos flotante:

Sung Jin Cho deseñou unha central hidroeléctrica flotante que podería limpar os océanos mentres xera enerxía limpa.









-THE OCEAN CLEANUP, a idea dun xoven holandés:

Boyan Flat inxeniou unha barreira onde se acumula o plástico arrastrado polas correntes. A barreira amarrase ao leito mariño, os plásticos son arrastrados para concentrarse na barreira e recolectanse antes de envialos a terra, para vendelos.






-THE INNER HARBOR WATER WHELL:

Gran parte do lixo nos océanos viaxa dende as cidades, por iso, en Estados Unidos construiron  en 2014 unha roda xigante que limpa cada día a baía de Baltimore. Este deseño procesa ata 25 toneladas de lixo o  día.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

A realidade virtual para sentir menos dor