IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO
En moitos países do mundo fan falta
medios que axuden á supervivencia dos seus habitantes ; isto foise conseguindo grazas á axuda de ONGs, actos benéficos ,etc. Co fin de mellorar a súa calidade de
vida, estas medidas van mellorando grazas as invencións a base de investigar e
facer probas.
Exemplos destas ideas tan innovadoras
son:
-LIFE STRAW:
Life Straw é un tubo de plástico que
funciona como unha palla para tomar os refrescos. Introdúcese un extremo na
auga e aspirase polo outro extremo. A auga atravesa unhas fibras que eliminan
as partículas que a auga poida conter. Este potabilizador de auga pode
purificar ata 700 litros de auga. Life Straw Family, filtra 18000 litros de
auga (cantidade suficente para unha familia de 5 persoas durante 3 anos).
*Life Straw e Life Straw Family foron distribuidos durante o terremoto de Haití de 2010, nas inundacións en Pakistán de 2010 e nas inundacións de Tailandia de 2011.
-FAIR CAP:
Fair Cap é un pequeno filtro de auga de 12 centímetros de lonxitude, que se enrosca como un tapón a unha botella de auga, mellorando a súa potabilidade. O proceso de potabilización física utilizado denomínase ultrafiltración e impide o paso de partículas dun tamaño superior a 0’1 micras. O proxecto desenvolveuse de maneira colaborativa (é open source) e o obxetivo é conseguir unha gran producción a baixo coste. Conta co apoio da ONG Oxfam.
*O obxectivo é producilo en grandes cantidades para reducir o coste actual de tres dólares a un dólar nun futuro próximo.
-BOLSAS DE PLÁSTICO:
Un dos métodos empregados
para desinfectar a auga é introducila en botellas de plástico e expoñela ao sol
durante varias horas. Investigadores da Universidade de Cádiz testaron un novo
modelo de baixo custo para eliminar as bacterias da auga baseado na exposición
directa á luz do sol de bolsas de plástico de gran capacidade, que conseguen
mellores rendementos.
O estudo, desenvolto por
un grupo de Tecnoloxía do Medio Ambiente da Universidade de Cádiz e publicado no
Journal of Chemical Technology and Biotechnology, confirmou a posibilidade de
empregar bolsas de plástico en lugar das tradicionais botellas de
politereftalato de etileno (PET), o material tradicional co que se diseñan
habitualmente empregados neste tipo de procesos. As bolsas teñen unha
capacidade de 4 litros, frente ao litro ou litro e medio dos empregados
anteriormente, e están dotadas con asas que facilitan o llenado,transporte e
almacenaxe, especialmente en situación de emerxencia. Tamén contan cun
dispensador, o que limita a posibilidade de contaminación da auga tratada.
-Estos só son tres exemplos de como a innovación pode contribuir a mellorar a accesibilidade da auga potable de millóns de persoas con ideas sinxelas e de baixo custo. Pero son miles as iniciativas que xorden por todas partes.
Comentarios
Publicar un comentario