1 LITRO DE LUZ
O emprendedor social Camilo Herrera leva
internet a comunidades rurais de Colombia, ampliando o proxecto de Un Litro de
Luz.
O proxecto Un Litro de Luz conseguiu
iluminar milleiros de fogares grazas a un mecanismo de alumbrado que emprega
botellas de plástico cheas de auga e cloro instaladas nos tellados das vivendas
ou nos espazos públicos. Este proxecto inicial da agora un paso mais e plantease
ofrecer servizos de internet a estas comunidades.
*31 millóns de persoas viven sen luz en
América Latina.
Este emprendedor social quixo ir mais ala
da simple creación e instalación dos mecanismos de iluminación e evolucionou
cara o acceso a “luz intelixente”, involucrando ao voluntariado comunitario e
xerando líderes de cambio. A derradeira fase da súa idea innovadora é a
creación da empresa social Linternet que facilitaría ás comunidades rurais non
só o acceso a luz, senón tamén a internet.
O poste intelixente ten a capacidade para
conectar a 300 usuarios de maneira simultánea nun rango dun kilómetro. Os
postes teñen unha antena wifi e cargadores de móviles. Estas innovacións
poderan conectar ás comunidades e acercar non só luz senón servizos como
internet e recargas de baterías dos móviles a zonas rurais en países en vías de
desenvolvemento.
*A proposta de Camilo Herrera está sendo
apoiada pola Red de Impulsores do Cambio.
ASÍ FUNCIONAN OS POSTES DE LUZ:
Comentarios
Publicar un comentario