Os debuxos anatómicos máis enigmáticos de Leonardo da Vinci
O xenio renacentista realizou un refinado estudio
sobre a anatomía do corpo humano grazas á disección de cadáveres, nun momento no
que esta práctica non estaba ben vista
Leonardo da Vinci
(1452-1519), realizou no século XVI uns debuxos sobre a anatomía humana que
poden competir perfectamente cos que vemos na actualidade. O xenio renacentista
consideraba indispensable para coñecer os segredos do corpo humano, abrilo e observalo dende todas as
perspectivas posibles. Este afán de coñecemento propiciou que se interesara
polo campo da anatomía, tan enigmático naquela época.
A súa fascinación
polo corpo humano pódese cualificar de mesiánica, ao principio acercouse a
través da disección de animais, de feito algún dos seus primeiros debuxos
mostran o aparello dixestivo con dous estómagos, trala observación dunha
disección dunha vaca.
O mestre da morte
Todo cambia cando
no ano 1510 o artista italiano establécese en Pavía para traballar con Marco Antonio
della Torre (1481-1511), mestre de disección. O profesor de anatomía –coñecido na
época como o mestre da morte-
permitiulle o acceso á sala de autopsias.
O resultado
daquela colaboración foron unha serie de debuxos que 500 anos despois seguen a
fascinar a científicos e profanos. O material orixinal, realizado entre 1510 e
1511, coñécese como “Manuscrito anatómico A” protexido nos muros do castelo de
Windsor (Reino Unido), consta de máis de 240 debuxos e 13.000 palabras.
Posteriormente, Leonardo
abandonou Pavía e estableceuse en Roma, acudindo regularmente ao Hospital do
Espírito Santo, onde chegou a realizar a disección
de ata dezanove cadáveres. Os corpos eran de criminais executados o falecidos
cuxos corpos non reclamou ninguén.
Tristemente, unha
orde papal prohibiu a Leonardo continuar con aquelas prácticas xa que un grupo
de artistas renacentistas lle denunciaron ante a Santa Sede por consideralas “inadecuadas ante os ollos de Deus”, a envexa
existiu dende sempre.
Comentarios
Publicar un comentario