Códice Voynich


O códice Voynich é o libro mais enigmático do mundo. Trátase dun volume aparentemente imposible de entender que combina texto, imaxes e ilustracións. Dende que foi escrito hai  mais de 600 anos, sabios, reis e incluso espías da CIA intentaron descubrir o seu contido sen éxito. Aínda que todo está comezando a cambiar grazas á intelixencia artificial.

Un grupo de científicos computacionais da University of Alberta están sometendo este antigo manuscrito á unha intelixencia artificial, creada para entender as ambigüedades na linguaxe.

En primeiro lugar, os investigadores amosaron á máquina extractos en 400 idiomas distintos da Declaración Universal de Dereitos Humanos como punto de partida para que a máquina comezase a identificar os idiomas. Tras esta primeira fase, os investigadores optaron polo códice Voynich para por a proba as capacidades da súa intelixencia artificial, despois de que a intelixencia artificial escudriñase o texto co seu algoritmo concluiron que se trataba dun volume escrito en Hebreo "Descubrir a lingua na que está escrito é só o primeiro paso, agora intentaremos descifrar o seu contido" Os investigadores están traballando baixo o suposto de que o códice está escrito a partir de alfagramas -un xogo de palabras que consiste en definir unha frase con outra creada a partir de rimar palabras que se escriben de forma similar salvo polas letras do principio- en dita lingua. Incapaces de encontrar expertos en hebreo antigo,  tiveron que optar polo seu propio software. 

Ata a participación de historiadores especializados en hebreo antigo no proxecto, será imposible interpretar e coñecer en profundidade o contido do códice Voynich. Ainda que a parte mais difícil deste misterio de mais de 500 anos xa se resolveu.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

A realidade virtual para sentir menos dor