Os irmáns lumière
OS IRMÁNS LUMIÈRE
Auguste e Louis Lumière foron dous irmáns franceses
inventores do cinematógrafo, algo que provocou un gran impacto naquela época e que
é un factor bastante importante nas nosas vidas actualmente; como por exemplo cas
salas de cine ou ca televisión.
Ambos traballaron no taller fotográfico do seu
pai, Louis como físico e Auguste como administrador. Louis fixo algunhas melloras
no proceso de fotografías estáticas.
A partir de 1892, comezaron a traballar na posibilidade
de fotografar imaxes en movemento. Patentaron un número significativo de progresos
notables.
De volta dun viaxe a París, Antoine Lumière trouxo
un kinetoscopio. Os dous irmáns examinárono atentamente e pronto concibiron un proxecto
que farían realidade partindo dos inventos xa existentes. Crearon un aparato que
servía como cámara e como proxector: o cinematógrafo, que baseábase no efecto da
persistencia retiniana das imaxes no ollo humano. Ao comezo, eles mesmos cargaban
as pezas da cámara filmadora nun caixón para transportalo dun lugar a outro.
O cinematógrafo foi patentado o 13 de febreiro
de 1895. Ese mesmo ano, os Lumière rodaron a súa primeira película, “La sortie des
ouvriers des usines Lumière à Lyon Monplaisir” (Saida dos obreiros da fábrica Lumière
en Lyon Monplaisir). Foi presentada o 22 de marzo de 1895, tres días despois do
rodaxe, nunha sesión da Société d'Encouragement à l'Industrie Nacional en París.
Tras diversas presentacións en sociedades científicas
e universidades, os Lumière decidiron facer unha exhibición comercial das películas
que habían rodado. Finalmente, o celebraron no Salon indien du Grand Café o 28 de
decembro de 1895. Proxectáronse, ademais a “Saída da fábrica Lumière”, outras películas
como “Chegada dun tren á estación da Ciotat” e “O regador regado”, na que aparece
o xardineiro Jean-François Clerc. Así, o cine comezou a súa historia a modo de documental,
como testemuña obxectivo da vida cotiá.
Aínda que os irmáns dixeron «o cine é unha invención sen ningún futuro, aproveitaron todo o que o novo invento lles ofreceu para montar un negocio rendible. Os Lumière enviaban un cinematógrafo e un operador onde fora requirido, por exemplo, á coroación de Nicolás II de Rusia.
Aínda que os irmáns dixeron «o cine é unha invención sen ningún futuro, aproveitaron todo o que o novo invento lles ofreceu para montar un negocio rendible. Os Lumière enviaban un cinematógrafo e un operador onde fora requirido, por exemplo, á coroación de Nicolás II de Rusia.
A súa posición económica e o interese que mostraban
cara a ciencia fíxolles menosprezar as posibilidades comerciais do seu invento,
polo que finalmente abandonaron a produción cinematográfica.
No ano 1903, patentaron un proceso para realizar
fotografías en cor, o Autochrome Lumière, lanzado ao mercado no ano 1907.
Posteriormente, Louis Lumière continuou cas súas
experiencias inventando o photorama e a fotografía en relevo. Foi nomeado doutor
“honoris causa” na Universidade de Berna.
Pola súa parte, Auguste Lumière continuou cos seus
estudios de bioquímica e fisioloxía.
A súa cámara encontrase no Musée du Cinéma Henri
Langlois de París, ca de Georges Méliès.
Algunhas das súas obras son:
As caveiras (1895) inicia as películas de cine
de horror
A demolición dun muro (1896), película na que se
utilizaron os primeiros trucaxes da historia do cine
O regador regado (1895), pódese considerar cine
de comedia
A chegada do tren (1895). Nesta película empregouse
a técnica do travelling inverso, que permite apreciar a profundidade do campo
A chegada dos congresistas (Le débarquement des
congresistes). Esta película de 1895, na que se mostra a congresistas baixando dun
barco e proxectada 24 horas despois da súa filmación, é considerada o inicio do
noticiero moderno.
Os irmáns Lumière contribuíron o desenvolvemento do montaxe e a edición ao xuntar catro películas da súa autoría (Sortie de la pompe, Mise en batterie, Attaque du feuy, Le sauvetage). Sen embargo, o primeiro montaxe como tal é A coroación do zar Nicolás II, dirixido polo Perrigot en 1896.
Os irmáns Lumière contribuíron o desenvolvemento do montaxe e a edición ao xuntar catro películas da súa autoría (Sortie de la pompe, Mise en batterie, Attaque du feuy, Le sauvetage). Sen embargo, o primeiro montaxe como tal é A coroación do zar Nicolás II, dirixido polo Perrigot en 1896.
Comentarios
Publicar un comentario