3 libros para entender a ciencia

El ojo desnudo

Autor: Antonio Martínez Ron

Sinopse: Nos sotos do museo de Ciencia e Industria de Manchester hai unha caixa de cristal con unas pequenas lascas que parecen fragmentos de pel seca. Estes restos son o que queda dos globos oculares de John Dalton, o pai da teoría atómica e o primeiro científico en describir a cegueira á cor. Dalton deixou encargado ao seu médico persoal que trala súa morte lle extraera os ollos e os ‘espira’ para aclarar un misterio que non puido resolver en vida: por que vía o mundo de maneira distinta aos demais?
A partir de esta anécdota, e coa vida de Dalton como fío condutor, “El ojo desnudo” reconstrúe unha historia do noso coñecemento da visión e da luz e nos ofrece a explicación de por que vemos como vemos e como alcanzamos a comprender fenómenos que van moito máis alá do que os nosos sentidos nos permiten detectar. Nas súas páxinas, o xornalista científico Antonio Martínez Ron intenta dar resposta a cuestións como que é a cor, que é a luz e como aprendemos a mirar o universo. Unha viaxe desde o ollo dos primeiros homes que observaron o ceo a simple vista ata o de aqueles que deron a volta aos instrumentos para mirar dentro de nos mesmos. E unha aventura que nos levou a superar as nosas limitacións para converternos na especie que todo o ve.


El universo en tu mano

Autor: Christophe Galfard

Sinopse: Imaxina que estás no espazo profundo, lonxe do influxo gravitacional de calquera estrela da galaxia, e que queres romper o vaso de porcelana que te regalou a túa tía avoa, o último dunha serie de vasos esperpénticos que xalonaron a túa vida adulta. Se estiveras na túa Terra natal, bastaría tiralo ao chan para facelo añicos, pero esa é unha estratexia baseada na gravidade —e na existencia dun chan— e aquí non hai nin gravidade nin chan: non hai maneira de destruír o maldito vaso. A chegada dun asteroide que os fai xirar a ti e ao vaso arredor del, e logo dun planeta que os fai xirar a ti, ao vaso e ao asteroide arredor del, melloran as túas perspectivas de maneiras complexas e interesantes. Así, poñendo ao lector no medio do tecido do cosmos, inmerso na mesmísima sustancia do problema que quere desenvolver, explica Galfard a física.





La luz solar se perdió en la ventana de cristal

Poemas escritos con Inteligencia Artificial
Autor: Xiaoice (IA)



A editorial china Cheers Publishing publicou un libro de poemas escritos integramente por un programa de Intelixencia Artificial de Microsoft. O libro, segundo os seus editores o primeiro en saír ao mercado, leva por título "La luz solar se perdió en la ventana de cristal" e o seu autor é o software Microsoft Little Ice.
O algoritmo tiña memorizados sonetos de 519 poetas escritos nos últimos 90 anos, e logrou xerar 10.000 poemas en 2.760 horas, aínda que o libro publica solo unha selección cos 139 mellores.
De acordo cos promotores do poemario, un poeta de carne e óso habería tardado un século en xerar os 10.000 sonetos que houbo crear Little Ice. Esta tecnoloxía está dispoñible en 14 plataformas de redes sociais e conta xa con 20 millóns de usuarios.

Comentarios

  1. Moi ben, Leire. Estupendo e orixinal o enfoque e o plantexamento do teu traballo. Noraboa!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

É a astroloxía unha ciencia?