Stephen Hawking, un exemplo de superación

Stephen William Hawking, é un físico teórico, cosmólogo, autor e director de investigación británico. Os seus traballos científicos inclúen unha colaboración con Roger Penrose mostrou que a Teoría Xeral da Relatividade de Einstein implica que o espazo e o tempo han de ter un principio no Big Bang e un final dentro de buracos negros. Semellantes resultados sinalan a necesidade de unificar a Relatividade Xeral coa Teoría Cuántica, o outro gran desenvolvemento científico da primeira metade do século XX. Unha consecuencia de tal unificación que el descubriu era que os buracos negros non eran totalmente negros, senón que podían emitir radiación e partículas subatómicas (coñecidas como radiación Hawking) e eventualmente evaporarse e desaparecer. Outra conxectura é que o universo non ten bordos ou límites no tempo imaxinario. Isto implicaría que o modo en que o universo empezou queda completamente determinado polas leis da ciencia.




Membro de Honra da Real Sociedade das Artes, membro vitalicio da Academia Pontificia das Ciencias, e Medalla Presidencial da Liberdade, a máis alta condecoración civil dos Estados Unidos. Hawking foi profesor lucasiano na Universidade de Cambridge entre 1979 e 2009 e acadou o éxito comercial con obras sobre ciencia popular nas que expón as súas propias teorías e a cosmoloxía xeral. O seu libro, “A Brief History of Time” apareceu na lista británica dos mellor vendidos de Sunday Times durante 237 semanas.




Hawking sofre unha rara enfermidade de lenta progresión, a esclerose lateral amiotrófica (ELA), tamén coñecida como doenza de Lou Gehrig, que leva varias décadas paralizándoo progresivamente. Comunícase empregando un único músculo da súa meixela conectado a un dispositivo xerador de voz. Hawking casou dúas veces e ten tres fillos.
En 1985 foi traqueostomizado e desde entón emprega un sintetizador de voz para comunicarse. Gradualmente foi perdendo o uso dos seus brazos e pernas, así como do resto da musculatura voluntaria, incluíndo a forza do pescozo para manter a cabeza ergueita, con todo o cal a súa mobilidade é practicamente nula.



O asteroide 7672 Hawking foi chamado así na súa homenaxe.


Obras técnicas
  • The Large Scale Structure of Spacetime con George Ellis
  • The Large, the Small, and the Human Mind, (con Abner Shimony, Nancy Cartwright, e Roger Penrose).

Obras populares
  • A Brief History of Time
  • Black Holes and Baby Universes and Other Essays
  • The Universe in a Nutshell
  • On The Shoulders of Giants. The Great Works of Physics and Astronomy
  • A Briefer History of Time

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

1 LITRO DE LUZ