Cinco anos do asteroide que explotou sobre Cheliábinsk
Este 15 de febreiro cumpríronse cinco anos da explosión dun pequeno asteroide sobre Cheliábinsk (Rusia), que feriu a máis de 1.500 persoas pola rotura de cristais a causa da onda sónica.
Esta imaxe está divulgada agora pola ESA, tomada por M. Ahmetvaleev o 15 de febreiro de 2013, amosa o camiño onde este obxecto cercan á terra (NEO), de aproximadamente 20 metros de diámetro e 13000 toneladas entrou na atmosfera da terra, sen que ningún sistema de alerta o identificara antes, na súa traxectoria polo espazo.
O pequeno asteroide explotou a unha altura duns 30 quilómetros, xerando unha explosión brillante e quente cunha nube de gas, así como unha gran onda de choque que rompeu ventás e derribou incluso partes de edificios e estruturas.
O bólido de Cheliábinsk foi un evento meteórico ocorrido durante a mañá do 15 de febriero de 2013 na cidade homónima, ubicada en Rusia, na zona sur dos Urales, aproximadamente ás 09:20 hora local.
O bólido liberou unha enerxía de 500 kilotones, trinta veces superior á bomba nuclear de Hiroshima, e explotou aproximadamente a 20.000 metros de altura. Seguía unha órbita que o acercaba ao Sol, a unha distancia similar á que ten Venus do Sol e afastándose ata o cinto de asteroides.
Tamén se afirma que, tempo atrás, o asteroide proxenitor chocou contra outro obxecto o aproximouse demasiado ao Sol antes de cruzala atmosfera da Terra como unha bola de fogo.
Os medios de comunicación informaron dunhas 1491 persoas feridas (das cales máis de 100 tiveron que ser trasladados a centros médicos), a maioría delas, debido á onda expansiva producida pola explosión consecuencia da rotura da barreira de son, xa que esta provocou o destrozo de ventanais, cristais e danos materiais en edificios.
Segundo o portavoz do Ministro do Interior, ninguén resultou ferido de gravidade. Por outra parte, a axencia RIA Novosti informou que algúns oficiais foron testemuñas dunha explosión xigantesca producida a 10.000 metros.
Comentarios
Publicar un comentario