CARL SAGAN
CARL SAGAN
Carl Sagan foi un astrónomo,
astrofísico, cosmólogo, escritor e divulgador científico estadounidense. Foi un
defensor do pensamento escéptico científico e do método científico, pioneiro da
exobioloxía, promotor da búsqueda de intelixencia extraterrestre a través do
proxecto SETI. Impulsou o envío de mensaxes a bordo de sondas espaciais,
destinados a informar a posibles civilizacións extraterrestres acerca da
cultura humana. Mediante as súas observacións da atmósfera de Venus, foi dos
primeiros científicos en estudar o efecto invernadeiro a escala planetaria. Na
universidade Cornell, Carl Sagan foi o primer científico en ocupar a cátedra
David Duncan de Astronomía e Ciencias do Espazo, creada en 1976 e foi director
do laboratorio de estudos planetarios.
Carl Sagan gañou gran popularidade grazas á
galardoada serie documental de televisión “Cosmos:
Un viaxe persoal” ; producida en 1980, da que foi narrador e coautor.
Tamén publicou numerosos artículos científicos e foi
autor, coautor e editor de máis dunha veintena de libros de divulgación
científica, sendo dos máis populares ( “Cosmos” e “Contacto”). En 1978 gañou o
premio Pulitzer de Literatura Xeral de non Ficción polo seu libro “O Dragón do
Edén”.
Ao longo da súa vida, Sagan recibiu numerosos
premios e condecoracións polo seu labor como comunicador da ciencia e da
cultura. Hoxe é considerado un dos divulgadores da ciencia máis carismáticos e
influintes, grazas a súa capacidade de transmitir as ideas científicas e os
aspectos culturais ao público non especializado con sinxeleza non exenta de
rigor.
Sagan estivo vinculado ao programa espacial estadounidense desde os
inicios deste. Dende a década de 1950, traballou como asesor da NASA, onde un
dos seus cometidos foi dar as instruccións do “Programa Apolo” aos astronautas
participantes antes de partir cara a lúa.
As contribucións de Sagan
foron vitais para o decubrimento das altas temperaturas superficiais do planeta
Venus. A comezos da década de 1960 ninguén sabía a ciencia certa cales eran as
condicións básicas da superficie de dito planeta e Sagan enumerou as
posibilidades nun informe que posteriormente sería divulgado.
Tamén percibiu o calentamento global como un peligro
crecente de orixe humano e comparou o seu progreso na Terra ca evolución
natural de Venus, camino de convertirse un planeta quente e non apto para a
vida ca consecuencia do efecto invernadeiro fora de control.
Sen embargo, Sagan é máis coñecido polas súas investigacións
sobre a posibilidade da vida extraterrestre, incluindo a demostración
experimental da producción
Sagan foi coñecido tamén polo seu labor como divulgador da ciencia, polos
seus esforzos para incrementar a comprensión científica do público en xeral e
pola súa posición en favor do escepticismo científico e contra das
pseudociencias.
Comentarios
Publicar un comentario