A realidade virtual para sentir menos dor
O uso da realidade virtual en medicina pode
servir para calmar a dor sen necesidade de anestesia local. É mellor mirar
cando te pinchan ou non? Recentes estudos demostran que as persoas que ven como
lles pinchan senten menos dor que si están distraídos.
Aínda que os investigadores non puideron
descubrir porque ocorría isto, a investigación abriu portas a outros
desenrolos. Por exemplo, prodúcese o mesmo efecto analxésico si enganamos á
mente?
Un experimento clásico no que se oculta a man
do paciente e no seu lugar ponse unha man de goma ou madeira. O investigador
toca a man falsa, subindo lentamente; os pacientes senten as mesmas sensacións
que si fose a a súa man verdadeira.
Usando a realidade virtual en medicina para
enganar ao noso cerebro
En lugar de usar man de goma, os
investigadores usaron dispositivos de realidade virtual para crear ilusión; os
voluntarios vían unha man en diversas posicións, algunhas diferentes ao seu tamaño
real. As sensacións por exemplo, de calor, que transmitían a esa man virtual era
notada na súa propia man polos pacientes. É dicir, se podía asociar a man
virtual á man de cada un e a dor reducíase.
Ao usar a realidade virtual, é posible
indicar ao cerebro exactamente onde se producirá a dor e que este se prepare a
elo.
Baseándose nesto, os investigadores cren que a
realidade virtual pode servir como ferramenta terapéutica.
Bo traballo, Leire; pero podes darlle algo máis de desenvolvemento. Ánimo para a avaliación final!!
ResponderEliminar