A realidade virtual para recuperarse dun ictus
- Nos pacientes que se someteron a esta terapia rexistrouse unha mellora sustancial no seu funcionamento.
- Os autores propoñen esta tecnoloxía como alternativa motivadora acompañada da convencional.
A realidade
virtual vaise abrindo camiño nas distintas áreas da medicina, actualmente xa
está presente en algunhas intervencións cirúrxicas e no tratamento de fobias e
traumas psicolóxicos. Estudios actuais demostran que tras haber sufrido un
ictus, esta revolucionaria tecnoloxía resulta tan efectiva na terapia motora
como a terapia de tipo convencional.
Unha pantalla e
unhas luvas con sensores foron os
elementos para os 60 pacientes que iniciaron esta nova forma de adestramento
especialmente deseñado para as súas necesidades. Cunhas sesións entre catro e cinco horas
semanais e durante un mes enteiro foron necesarias. Ao mesmo tempo ían incorporando movementos de
brazos, mans e dedos mentres seguíana s indicacións de varios xogos.
Paralelamente outras
60 persoas facían a recuperación coas terapias convencionais para poder compara
estudos. Eran exercicios realizados cos médicos e fisioterapeutas adecuados a
esta enfermidade.
Hai que destacar
que en España cada ano hai entre 110.000
e 120.000 casos novos de ictus e que grazas aos avances na prevención, nos derradeiros
20 anos o resgo de morte diminuíu un 50%.
Dos 120
participantes no estudo (cunha media de 62 anos) habían sufrido un infarto
cerebral e tiñan debilidade muscular nas mans, no pulso ou nos brazos. Os
autores da investigación (publicada no derradeiro número da revista Neurology e
realizada na Universidade de Aarhus (Dinamarca) comprobaron os movementos en ámbolos
dous grupos ao inicio do estudo, una vez finalizado o adestramento e tres meses
despois.
Nos dous casos
houbo unha mellora efectiva e igualitaria utilizando o método tradicional ou a
alternativa máis moderna da realidade virtual, o principal obxectivo era
demostrar esta nova alternativa como
outra forma mais de mellorar e a posibilidade de poder realizala nos fogares
evitando así os custes sanitarios da tradicional, ademais a tratamento ambulatorio
que é bastante deficitario en España veríase mellorado utilizando na casa esta
terapia virtual e ao alcance de tódolos pacientes.
A terapia da
realidade virtual podería ser un gran avance no seguimento e mellora da
enfermidade para reducir as secuelas e para abaratar custes de tratamentos.
Comentarios
Publicar un comentario