É a astroloxía unha ciencia?
Gran parte dos astrónomos e dos científicos están
totalmente en contra de que a Astroloxía sexa considerada unha ciencia, pero hai
moitos que defenden que si o é.
Aquí tes algunhas afirmacións que poden aclarar a túa
opinión ao respecto:
A verba Astroloxía ven do grego “Doutrina ou estudio dos
astros”. Segundo a definición moderna de
‘saber científico’, a astroloxía non é unha ciencia porque non está sometida ao principio de verificación ou, a lo menos, os seus modelos non han sido verificados
ou comprobados empiricamente. Aínda así antigamente podería estar considerada unha
ciencia pois estaba relacionada coas crenzas da sociedade. Filósofos da época
como Plutón e Aristóteles, deron grandes aportes á Astroloxía, concordaron que a
Terra é como o centro do mundo, rodeada de círculos de planetas e, por último, polo
firmamento das estrelas fixas.
Carl Sagan, un dos grandes divulgadores, estaba en contra.
Pero unha das mentes máis brillantes da historia da humanidade, Newton, tiña
máis escritos de hermética, alquimia e astroloxía que de física. Kepler tamén
era astrólogo.
A Astroloxía máis ben é unha “ciencia oculta” que ten un
modo de ver e relacionar ao ser humano co Cosmos.
A ciencia clásica soamente ve no sistema solar un
mecanismo, un conxunto de obxectos en relación a través de forzas físicas, en
cambio a Astroloxía cree que detrás da diversidade e a multiplicidade de
fenómenos que hai no Universo, subxace a unidade esencial de tódalas cousas.
A Astroloxía ten elementos de ciencia pois implica unha
concepción do real que é produto dunha profunda observación, ten as súas
metodoloxías e require de técnicas de localización que toma elementos da
astronomía. Tamén ten elementos das relixións pois póñenos en contacto co misterio
cósmico e nos va adentrando nunha convicción que é froito da experiencia da
conexión que existe entre os ritmos do Cosmos e a realidade humana.
A Astroloxía é coma filosofía hermética, préstalle servizo
tanto á ciencia como á relixión sen ser ningunha delas e ao estar nun punto
intermedio entre as dúas é obxecto de crítica e rexeitamento por parte de ámbalas
dúas.
A Ciencia aproba que hai unha influencia física evidente
entre o sol e a lúa e por exemplo os movementos das mareas, é algo case probado
que as fases da lúa teñen unha influencia tamén na reprodución do gando, tamén
é posible que as aliñacións do sol e a lúa afecten ao magma terrestre e iso
aumente as probabilidades de que sucedan terremotos ou erupcións volcánicas. A Astroloxía está
vinculada ás crenzas que creen que existe unha relación entre a posición dos planetas e
os feitos que teñen lugar na Terra, cree que a posición do sol, a lúa e os
planetas xogan un papel importante nas persoas dende o momento do seu nacemento.
Hai evidencias científicas do contrario?
Por todos estes aspectos vemos que a Astroloxía pode ser
ou non unha Ciencia dependendo do punto de vista desde o que o miremos.
Anque son poucas as entradas, están moi coidadas. Procura de todos modos, aumentar o número de entradas e mesmo melloralas con hipervínculos e vídeos. Ánimo, Leire, e a seguir mellorando!!
ResponderEliminar