CHARLES DARWIN
Charles Darwin foi un
naturalista inglés recoñecido por ser o científico máis influinte (compartindo
o logro con Alfred Wallace) desenvolveu a idea da evolución biolóxica a través
da selección natural, xustificándoa na súa obra “A orixe das especies” con
numerosos exemplos extraídos da observación da natureza.
Postulou que todas as
especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común
mediante un proceso denominado selección natural. A evolución foi aceptada como
un feito pola comunidade científica e por boa parte do público cando Darwin aínda
vivía,mentres que a súa teoría da evolución mediante a selección natural non
foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930.
Actualmente
constitúe a base da síntese evolutiva moderna. Cas súas modificacións, os
descubrimentos científicos de Darwin aínda seguen sendo a acta fundacional da
bioloxía como ciencia, posto que constitúen unha explicación lóxica que unifica
as observacións sobre a diversidade da vida.
Darwin investigou sobre o feito da transmutación das especies e concibiu
a súa teoría da selección natural en 1838. Aínda que discutiu as súas ideas con
algúns naturalistas, necesitaba tempo para realizar unha investigación
exhaustiva, e os seus traballos xeolóxicos tiñan prioridade. Encontrábase
redactando a súa teoría en 1858 cando Alfred Russel Wallace envioulle un ensaio
que describía a mesma idea, urxindo a Darwin a realizar unha publicación conxunta
de ambas teorías.
A viaxe que realizou no ‘beagle’ foi moi
favorable posto que descubriu moitas especies descoñecidas tanto de plantas
como de animais, facéndose moi coñecido na volta da súa viaxe.
A explicación proposta por Darwin da orixe das
especies e do mecanismo da selección natural, á luz dos coñecementos
científicos da época, constitúe un gran paso na coherencia do coñecemento do
mundo vivo e das ideas sobre a evolución presentadas con anterioridade. Tratábase
dunha teoría composta por un amplo abano de subteorías que nin conceptual nin historicamente
foron indisociables.
Fundamentalmente, as dos grandes teorías
defendidas na ‘Origen’ foron, por un lado, a teoría da orixe común ou comunidade
de descendencia, na que se integran evidencias moi variadas en favor do feito da
evolución, e, por outro lado, a teoría da selección natural, que establece o
mecanismo do cambio evolutivo. De este modo, Darwin pretendeu resolver os dous
grandes problemas da historia natural: a unidade de tipo e as condicións de existencia.
A aceptación da teoría da selección natural en outros círculos tomou moito
máis tempo. A pesar do recoñecemento da evolución por diversos académicos, gran
parte da comunidade científica resistiuse a aceptala porque era un mecanismo de
cambio non teleolóxico; e moitos continuaron defendendo teorías alternativas
como o lamarquismo, a ortoxénese ou diversas formas de vitalismo, etc, como
ilustran as obxeccións de Eduard von Hartmann e Henri Milne- Edwards. Outros autores sinalaron as
inconsistencias lóxicas internas á propia teoría da selección natural e
derivadas do mecanismo hereditario postulado por Darwin. Aínda que a ‘Origen de
las especies’ non se comprometeu con ningunha teoría da herdanza, Darwin
defendeu a panxenese ou herdanza por mestura, a teoría máis en boga na súa
época.
A pesar de que en 1865 o monxe
Gregor Mendel publicou os seus estudios sobre as leis da herdanza, o seu
traballo permaneceu descoñecido ata o século XX. Oito anos despois da aparición de ‘El origen’, Fleeming Jenkin e despois
Ronald Fisher sinalaron a incompatibilidade entre o mecanismo da selección
natural e a panxénese. Razoando dende a matemática estatística, Jenkin mostrou a
alta improbabilidade de que a variación, a selección e a transmisión de novas
características puidesen superar o efecto conservador da herdanza por mestura,
que facía máis probable que a descendencia se aproximase á distribución media da
característica na poboación que aos seus proxenitores, reducindo a variación.
Nos anos 1930 presentouse a tese da síntese evolutiva moderna, a cal representa a
visión actual maioritaria sobre a evolución; esta integra a teoría da evolución
por selección natural, a herdanza mendeliana, a mutación xenética aleatoria
como fonte de variación e os modelos matemáticos da xenética de poboacións.
Por outra parte, outros puntos de fortes
críticas contra a teoría de Darwin e a súa descrición da natureza humana
inclúen a relación da teoría darwiniana coa euxenesia, o desenvolvemento do darwinismo
social e a tese da “supremacía do máis forte” como argumento para os países
neoimperialistas europeos de impoñer poder político en África e América. Ademais,
existen outras controversias sociais respecto á posible postura machista ou sexista
na tese de Darwin.
Durante a segunda metade do século XX, o
darwinismo seguiu recibindo un profundo rexeito por parte de grupos relixiosos,
conservadores, etc. especialmente, do sector do fundamentalismo cristián en Estados
Unidos, quen se opoñían a que a teoría da evolución fora ensinada nas escolas.
Comentarios
Publicar un comentario