Margaret Boden a gran dama da Intelixencia Artificial
Margaret Boden naceu
en Londres en 1936, abriuse paso no masculino mundo da ciencia e publicou en
1977 “Inteligencia Artificial y Hombre Natural”, un dos libros pioneiros que
trata temas de toda a cultura adquirida por ela nos mundos da medicina, da filosofía,
da psicoloxía das ciencias cognitivas.
Boden segue
activa desde a Universidade de Sussex e o seu último libro é “Intelixencia
Artificial”. Di que existen dous ideas equivocadas: a primeira é que a intelixencia
artificial (IA) pode facer moito máis do que é capaz realmente. E a segunda é
que pode facer moito menos. Esta foi a idea do seu libro. Examinar a natureza
da IA, facer balance de onde estamos e intentar ver o futuro, cos pés no chán e
sen caer en escenarios de ciencia ficción.
Stephen Hawking advertiu
antes de morrer: "O desenvolvemento pleno da intelixencia artificial pode
significar o fin da raza humana".
Boden di que ese
tipo de afirmacións xenéricas serven ao final para infundir o temor ao descoñecido,
ademais Stephen Hawking tería que estar moi agradecido á IA porque lle permitiu
falar e comunicarse cos humanos.
O filósofo Nick
Bostrom, ao fronte do Instituto para o Futuro da Humanidade na Universidade de
Oxford, considera tamén a superintelixencia como o "maior risco
existencial" para a humanidade, por diante incluso do cambio climático...
Boden di que é outra
perigosa xeneralización. A noción mesma da superintelixencia (unha intelixencia
superior a la humana) é un pouco absurda. Bostrom está contribuíndo tamén, a su
maneira, a infundir o medo a ese futuro apocalíptico, e desviar por exemplo a
atención do cambio climático, que é un perigo presente e real, que vai
comprometer enormemente as vidas das próximas xeracións.
Ao final do seu
libro recoñece que pese a todos os "mitos" que rodean á IA, hai
realmente motivos para "estar preocupados".
Desde que
inventamos o hacha, calquera tecnoloxía pódese utilizar para o ben ou para o
mal. Un dos elementos máis preocupantes é o seu uso para fins militares, coa
produción de soldados robóticos e o uso cada vez más estendido de drones, de
momento manexados a distancia por seres humanos, pero que o futuro poderían ter
capacidade incluso para "recoñecer" un branco. A ciberseguridade ten
cada vez una maior connotación militar tamén.
A Unión Europea marcou
o horizonte coa Regulación Xeral de Protección de Datos (GDPR). É un primeiro
paso para defender os dereitos dos cidadáns e poñer ás compañías no seu sitio.
Pero farán falta dar máis pasos: hoxe os usuarios de internet estamos practicamente
desprotexidos e deixando rastros en cada paso que damos. A extracción, manexo e
xestión de datos é o gran negocio do século XXI.
O que está a ocorrer
coa revolución tecnolóxica é comparable coa Revolución Industrial, só que nesta
ocasión vanse destruír máis empregos dos que se constrúan. Tódolos traballos
rutinarios ou mecánicos están ameazados. A parte máis rutinaria dos avogados ou
dos médicos será tamén desempeñada por máquinas, que estarán incluso mellor
capacitadas para facer diagnósticos. Ningún sector quedará indemne da intelixencia
artificial, e o efecto a medio prazo debería preocuparnos.
Os profesionais
van ter que adaptarse á nova situación, e o sistema educativo vai necesitar tamén
un severo axuste. Creo que deberíamos ter xa un profundo debate sobre como
adaptar a sociedade á nova situación. Teño a esperanza de que sexamos sensatos á
hora de ceder a testemuña ás máquinas, e que non só primen factores económicos.
Hai traballos que sempre o farán mellor os humanos, e moitos outros nos que
precisamente valorarase o contacto humano, fronte ao tratamento impersoal da
máquina.
Moitos dos
cambios que veremos serán a mellor, pero todos os avances tecnolóxicos teñen consecuencias
non previstas. Internet fíxonos a vida máis fácil sen saír de casa, pero o está
poñendo moi difícil aos comercios a pé de rúa.
A tecnoloxía está
aí, pero hai moitos outros factores que convén ter en conta. O máis importante
de eles, o factor humano. O imperativo ético para a implantación de tecnoloxías
de IA debería ser ese: pór aos seres humano primeiro.
A Intelixencia
Artificial Amigable (FAI) propón "un efecto positivo sobre a humanidade",
pero vai máis alá das cuestións éticas e reclama tamén principios como a
transparencia, para garantir que as tecnoloxías sigan sendo "amigables"
ante posibles cambios. É unha noción interesante que reflexa o interese crecente
que hai entre os expertos por por os valores humanos ao fronte da IA.
Teremos algún día
máquinas "sabias"?
A sabedoría é
algo que non terá unha máquina nun futuro predicible. Sobre isto escribiu moito
o filósofo Nicholas Maxwell, que distingue claramente entre sabedoría e coñecemento.
A sabedoría vai moito máis alá do coñecemento e comporta a experiencia, a
sensatez e a prudencia, entre outras calidades.
Margaret considérase
“unha bolboreta intelectual" porque chegou ata a intelixencia artificial
despois de haber tocado moitos paus. O meu primeiro interese foi a medicina, despois
a filosofía, a psicoloxía e as ciencias cognitivas. Todo este camiño me permitiu
ter unha visión bastante ampla do que é a IA.
Comentarios
Publicar un comentario