CHARLES DARWIN
Charles Darwin foi un naturalista inglés recoñecido por ser o científico máis influinte (compartindo o logro con Alfred Wallace ) desenvolveu a idea da evolución biolóxica a través da selección natural , xustificándoa na súa obra “A orixe das especies” con numerosos exemplos extraídos da observación da natureza. Postulou que todas as especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural. A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica e por boa parte do público cando Darwin aínda vivía,mentres que a súa teoría da evolución mediante a selección natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930. Actualmente constitúe a base da síntese evolutiva moderna. Cas súas modificacións, os descubrimentos científicos de Darwin aínda seguen sendo a acta fundacional da bioloxía como ciencia, posto que constitúen unha explicación lóxica que unifica as observ...