Premio ao pioneiro da inmunoterapia na loita contra o cancro

Buscou un punto para activar as defensas naturais do organismo e utilizouno para combater o cancro. 

Esta é a base da investigación do estadounidense James P. Allison, distinguido pola Fundación BBVA na súa décima edición dos ‘Premios Fronteras del Conocimiento’, na categoría de Biomedicina. O inmunólogo realiza a súa labor dende o MD Anderson Cancer Center, adscrito á Universidade de Texas e cuxo logotipo aparece coa palabra cancro tachada, como símbolo do compromiso da institución por acabar con esta enfermidade.



O anterior galardón foi outorgado aos pais da técnica de edición xenética CRISPR: a bioquímica francesa Emmanuelle Charpentier, a química estadounidense Jennifer Doudna e o microbiólogo español Francisco Martínez Mojica, que compartiron o premio.

James P. Allison, conta con máis de 30 anos de investigación sobre o sistema inmune, conseguiu identificar algunhas das moléculas que participan na activación e a inhibición das células de defensa linfocitos T, capaces de destruír ás células cancerosas. O seu traballo levou ao achado dun fármaco que consigue liberar ás células T cando éstas reciben unha sinal de inactivación ante a presenza dun tumor. Son os denominados freos do sistema inmunitario, como a proteína CTL-4 ou os inhibidores PD-1 y PDL-1, que Allison logrou descifrar e desarmar.

Esta inmunoterapia, pasou con éxito a fase clínica mediante o fármaco ipilimumab, que se aplica en pacientes. Ten unha eficacia do 60% e aumenta a esperanza de vida en 10 anos. "O fármaco está en proceso de aprobación. Pódese recetar xa para o melanoma metastático. Cun solo ciclo de tratamento o paciente vivirá polo menos 10 anos", engadiu.



A inmunoterapia non está alcanzando o efecto desexado en tódolos tipos de cancro, como o mioblastoma, polo que comezou unha liña de investigación baseada na combinación de radioterapia e quimioterapia.

A seguinte cuestión é resolver o custe destes fármacos, que combinados con outras terapias poderían ser moi caros. O seu custe de desenvolvemento agora mesmo é elevado pero coa fase de produción e a competencia entre as empresas farmacéuticas, baixarán os prezos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

1 LITRO DE LUZ