Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

CHARLES DARWIN

Imagen
Charles Darwin foi un naturalista inglés recoñecido por ser o científico máis influinte (compartindo o logro con Alfred Wallace ) desenvolveu a idea da evolución biolóxica a través da selección natural , xustificándoa na súa obra “A orixe das especies” con numerosos exemplos extraídos da observación da natureza. Postulou que todas as especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural. A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica e por boa parte do público cando Darwin aínda vivía,mentres que a súa teoría da evolución mediante a selección natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930. Actualmente constitúe a base da síntese evolutiva moderna. Cas súas modificacións, os descubrimentos científicos de Darwin aínda seguen sendo a acta fundacional da bioloxía como ciencia, posto que constitúen unha explicación lóxica que unifica as observ

Os irmáns lumière

Imagen
OS IRMÁNS LUMIÈRE Auguste e Louis Lumière foron dous irmáns franceses inventores do cinematógrafo, algo que provocou un gran impacto naquela época e que é un factor bastante importante nas nosas vidas actualmente; como por exemplo cas salas de cine ou ca televisión. Ambos traballaron no taller fotográfico do seu pai, Louis como físico e Auguste como administrador. Louis fixo algunhas melloras no proceso de fotografías estáticas. A partir de 1892, comezaron a traballar na posibilidade de fotografar imaxes en movemento. Patentaron un número significativo de progresos notables. De volta dun viaxe a París, Antoine Lumière trouxo un kinetoscopio. Os dous irmáns examinárono atentamente e pronto concibiron un proxecto que farían realidade partindo dos inventos xa existentes. Crearon un aparato que servía como cámara e como proxector: o cinematógrafo , que baseábase no efecto da persistencia retiniana das imaxes no ollo humano. Ao comezo, eles mesmos cargaban as pezas da cámara