Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

3 libros para entender a ciencia

Imagen
El ojo desnudo Autor:  Antonio Martínez Ron Sinopse: Nos sotos do museo de Ciencia e Industria de Manchester hai unha caixa de cristal con unas pequenas lascas que parecen fragmentos de pel seca. Estes restos son o que queda dos globos oculares de John Dalton , o pai da teoría atómica e o primeiro científico en describir a cegueira á cor. Dalton deixou encargado ao seu médico persoal que trala súa morte lle extraera os ollos e os ‘espira’ para aclarar un misterio que non puido resolver en vida: por que vía o mundo de maneira distinta aos demais? A partir de esta anécdota, e coa vida de Dalton como fío condutor, “El ojo desnudo” reconstrúe unha historia do noso coñecemento da visión e da luz e nos ofrece a explicación de por que vemos como vemos e como alcanzamos a comprender fenómenos que van moito máis alá do que os nosos sentidos nos permiten detectar. Nas súas páxinas, o xornalista científico Antonio Martínez Ron intenta dar resposta a cuestións como que é a cor, que é a luz

Margaret Boden a gran dama da Intelixencia Artificial

Imagen
M argaret Boden naceu en Londres en 1936, abriuse paso no masculino mundo da ciencia e publicou en 1977 “Inteligencia Artificial y Hombre Natural” , un dos libros pioneiros que trata temas de toda a cultura adquirida por ela nos mundos da medicina, da filosofía, da psicoloxía das ciencias cognitivas. Boden segue activa desde a Universidade de Sussex e o seu último libro é “Intelixencia Artificial” . Di que existen dous ideas equivocadas : a primeira é que a intelixencia artificial (IA) pode facer moito máis do que é capaz realmente. E a segunda é que pode facer moito menos. Esta foi a idea do seu libro. Examinar a natureza da IA, facer balance de onde estamos e intentar ver o futuro, cos pés no chán e sen caer en escenarios de ciencia ficción. Stephen Hawking advertiu antes de morrer: "O desenvolvemento pleno da intelixencia artificial pode significar o fin da raza humana". Boden di que ese tipo de afirmacións xenéricas serven ao final para infundir o