CARL SAGAN

CARL SAGAN

Carl Sagan foi un astrónomo, astrofísico, cosmólogo, escritor e divulgador científico estadounidense. Foi un defensor do pensamento escéptico científico e do método científico, pioneiro da exobioloxía, promotor da búsqueda de intelixencia extraterrestre a través do proxecto SETI. Impulsou o envío de mensaxes a bordo de sondas espaciais, destinados a informar a posibles civilizacións extraterrestres acerca da cultura humana. Mediante as súas observacións da atmósfera de Venus, foi dos primeiros científicos en estudar o efecto invernadeiro a escala planetaria. Na universidade Cornell, Carl Sagan foi o primer científico en ocupar a cátedra David Duncan de Astronomía e Ciencias do Espazo, creada en 1976 e foi director do laboratorio de estudos planetarios.
Carl Sagan gañou gran popularidade grazas á galardoada serie documental de televisión “Cosmos: Un viaxe persoal” ; producida en 1980, da que foi narrador e coautor.
Tamén publicou numerosos artículos científicos e foi autor, coautor e editor de máis dunha veintena de libros de divulgación científica, sendo dos máis populares ( “Cosmos” e “Contacto”). En 1978 gañou o premio Pulitzer de Literatura Xeral de non Ficción polo seu libro  “O Dragón do Edén”.
Ao longo da súa vida, Sagan recibiu numerosos premios e condecoracións polo seu labor como comunicador da ciencia e da cultura. Hoxe é considerado un dos divulgadores da ciencia máis carismáticos e influintes, grazas a súa capacidade de transmitir as ideas científicas e os aspectos culturais ao público non especializado con sinxeleza non exenta de rigor.
Sagan estivo vinculado ao programa espacial estadounidense desde os inicios deste. Dende a década de 1950, traballou como asesor da NASA, onde un dos seus cometidos foi dar as instruccións do “Programa Apolo” aos astronautas participantes antes de partir cara a lúa.

As contribucións de Sagan foron vitais para o decubrimento das altas temperaturas superficiais do planeta Venus. A comezos da década de 1960 ninguén sabía a ciencia certa cales eran as condicións básicas da superficie de dito planeta e Sagan enumerou as posibilidades nun informe que posteriormente sería divulgado.
Tamén percibiu o calentamento global como un peligro crecente de orixe humano e comparou o seu progreso na Terra ca evolución natural de Venus, camino de convertirse un planeta quente e non apto para a vida ca consecuencia do efecto invernadeiro fora de control.
Sen embargo, Sagan é máis coñecido polas súas investigacións sobre a posibilidade da vida extraterrestre, incluindo a demostración experimental da producción
Sagan foi coñecido tamén polo seu labor como divulgador da ciencia, polos seus esforzos para incrementar a comprensión científica do público en xeral e pola súa posición en favor do escepticismo científico e contra das pseudociencias.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

1 LITRO DE LUZ