CHARLES DARWIN


Charles Darwin foi un naturalista inglés recoñecido por ser o científico máis influinte (compartindo o logro con Alfred Wallace) desenvolveu a idea da evolución biolóxica a través da selección natural, xustificándoa na súa obra “A orixe das especies” con numerosos exemplos extraídos da observación da natureza.
Postulou que todas as especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural. A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica e por boa parte do público cando Darwin aínda vivía,mentres que a súa teoría da evolución mediante a selección natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930.
Actualmente constitúe a base da síntese evolutiva moderna. Cas súas modificacións, os descubrimentos científicos de Darwin aínda seguen sendo a acta fundacional da bioloxía como ciencia, posto que constitúen unha explicación lóxica que unifica as observacións sobre a diversidade da vida.
Darwin investigou sobre o feito da transmutación das especies e concibiu a súa teoría da selección natural en 1838. Aínda que discutiu as súas ideas con algúns naturalistas, necesitaba tempo para realizar unha investigación exhaustiva, e os seus traballos xeolóxicos tiñan prioridade. Encontrábase redactando a súa teoría en 1858 cando Alfred Russel Wallace envioulle un ensaio que describía a mesma idea, urxindo a Darwin a realizar unha publicación conxunta de ambas teorías.
A viaxe que realizou no ‘beagle’ foi moi favorable posto que descubriu moitas especies descoñecidas tanto de plantas como de animais, facéndose moi coñecido na volta da súa viaxe.
A explicación proposta por Darwin da orixe das especies e do mecanismo da selección natural, á luz dos coñecementos científicos da época, constitúe un gran paso na coherencia do coñecemento do mundo vivo e das ideas sobre a evolución presentadas con anterioridade. Tratábase dunha teoría composta por un amplo abano de subteorías que nin conceptual nin historicamente foron indisociables.
Fundamentalmente, as dos grandes teorías defendidas na ‘Origen’ foron, por un lado, a teoría da orixe común ou comunidade de descendencia, na que se integran evidencias moi variadas en favor do feito da evolución, e, por outro lado, a teoría da selección natural, que establece o mecanismo do cambio evolutivo. De este modo, Darwin pretendeu resolver os dous grandes problemas da historia natural: a unidade de tipo e as condicións de existencia.
A aceptación da teoría da selección natural en outros círculos tomou moito máis tempo. A pesar do recoñecemento da evolución por diversos académicos, gran parte da comunidade científica resistiuse a aceptala porque era un mecanismo de cambio non teleolóxico; e moitos continuaron defendendo teorías alternativas como o lamarquismo, a ortoxénese ou diversas formas de vitalismo, etc, como ilustran as obxeccións de Eduard von Hartmann e Henri Milne- Edwards. Outros autores sinalaron as inconsistencias lóxicas internas á propia teoría da selección natural e derivadas do mecanismo hereditario postulado por Darwin. Aínda que a ‘Origen de las especies’ non se comprometeu con ningunha teoría da herdanza, Darwin defendeu a panxenese ou herdanza por mestura, a teoría máis en boga na súa época.
A pesar de que en 1865 o monxe Gregor Mendel publicou os seus estudios sobre as leis da herdanza, o seu traballo permaneceu descoñecido ata o século XX. Oito anos despois da  aparición de ‘El origen’, Fleeming Jenkin e despois Ronald Fisher sinalaron a incompatibilidade entre o mecanismo da selección natural e a panxénese. Razoando dende a matemática estatística, Jenkin mostrou a alta improbabilidade de que a variación, a selección e a transmisión de novas características puidesen superar o efecto conservador da herdanza por mestura, que facía máis probable que a descendencia se aproximase á distribución media da característica na poboación que aos seus proxenitores, reducindo a variación. Nos anos 1930 presentouse a tese da síntese evolutiva moderna, a cal representa a visión actual maioritaria sobre a evolución; esta integra a teoría da evolución por selección natural, a herdanza mendeliana, a mutación xenética aleatoria como fonte de variación e os modelos matemáticos da xenética de poboacións.

Por outra parte, outros puntos de fortes críticas contra a teoría de Darwin e a súa descrición da natureza humana inclúen a relación da teoría darwiniana coa euxenesia, o desenvolvemento do darwinismo social e a tese da “supremacía do máis forte” como argumento para os países neoimperialistas europeos de impoñer poder político en África e América. Ademais, existen outras controversias sociais respecto á posible postura machista ou sexista na tese de Darwin.
Durante a segunda metade do século XX, o darwinismo seguiu recibindo un profundo rexeito por parte de grupos relixiosos, conservadores, etc. especialmente, do sector do fundamentalismo cristián en Estados Unidos, quen se opoñían a que a teoría da evolución fora ensinada nas escolas.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

É a astroloxía unha ciencia?