Lugares perfectos para ver as estrelas

Dende sempre a nosa atracción polos astros intrigounos; antigamente a lúa xunto cas estrelas eran consideradas una forza poderosa , as cales eran veneradas mediante rituais e cerimonias como se foran deusas ata a chegada da relixión. Ata entón templos ou monumentos habían sido erixidos no seu honor.

Uns séculos máis tarde Copérnico afirmou que a Terra non era o centro do universo, esta premisa desencadeou unha revolución a cal influíu na relixión, na ciencia e na sociedade que tiveron que adaptarse a esta nova visión do mundo.Tanto a astronomía como a astroloxía han sido obxectos de estudo ata os nos días, “De onde vimos?,Existe vida noutros planetas?, etc” son algunhas das preguntas máis habituais, polo que se seguen facendo investigacións sobre este gran misterio que pouco a pouco vai deixando de selo.

Na actualidade debido a contaminación lumínica ver un ceo completamente despexado no que se poidan ver as distintas constelación é cousa de privilexiados polo que se recomenda afastarse das zonas urbanas para gozar das vistas en toda a súa magnitude.
A continuación mostraranse algúns dos lugares máis incribles por todo o mundo e incluso en España.

ALGUEVA (PORTUGAL)

Primeiro destino turístico certificado pola Unesco, a ruta Dark Sky que permite recorrer o territorio en compañía de expertos e de material adecuado.



MAUNA KEA (HAWÁI)


A cima diste monte de 4200 metros de altura, compónse de varios observatorios para a investigación científica, financiados por distintos países e dotados con algúns dos telescopios máis grandes do mundo.Pero tamén esta permitida a visita gratuíta dos turistas .

DESERTO DE ATAKAMA (CHILE)
Situado a uns 130 quilómetros ao sur de Antofagasta, o observatorio Paranal , está construído a 2635 metros de altura.



GALLOWAY FOREST PARK (ESCOCIA)

Situado no suroeste de Escocia, no parque forestal de Galloway é un auténtico paraíso que permite descubrir planetas, meteoritos e estrelas a simple vista.



AORAKI MACKENZIE (NOVA ZELANDA)

Libre de contaminación lumínica pola ausencia de vida artificial nos seus arredores, é a reserva de ceo escuro máis extensa do planeta. Cada ano, durante o mes de outubro e ao longo de tres días ten lugar o “ Starlight Festival”.



ILLA DE AS PALMAS ( AS CANARIAS)


Non fai falta cruzar o mundo para gozar dun dos maiores observatorios astronómicos do mundo, construído aos pes do parque nacional da Caldera de Taburiente, conta cunha quincena de grandes telescopios xestionados por diversos países, que pode ser visitado durante todo o ano.


O MONTSEC (LLEIDA)

O mellor ceo de Cataluña é, sen dubida o Montsec certificada como destino turística e reserva Starlight da Unesco.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO

É a astroloxía unha ciencia?