É a astroloxía unha ciencia?




Gran parte dos astrónomos e dos científicos están totalmente en contra de que a Astroloxía sexa considerada unha ciencia, pero hai moitos que defenden que si o é.

Aquí tes algunhas afirmacións que poden aclarar a túa opinión ao respecto:
A verba Astroloxía ven do grego “Doutrina ou estudio dos astros”.  Segundo a definición moderna de ‘saber científico’, a astroloxía non é unha ciencia porque non está sometida ao principio de verificación ou, a lo menos, os seus modelos non han sido verificados ou comprobados empiricamente. Aínda así antigamente podería estar considerada unha ciencia pois estaba relacionada coas crenzas da sociedade. Filósofos da época como Plutón e Aristóteles, deron grandes aportes á Astroloxía, concordaron que a Terra é como o centro do mundo, rodeada de círculos de planetas e, por último, polo firmamento das estrelas fixas.

Carl Sagan, un dos grandes divulgadores, estaba en contra. Pero unha das mentes máis brillantes da historia da humanidade, Newton, tiña máis escritos de hermética, alquimia e astroloxía que de física. Kepler tamén era astrólogo.



A Astroloxía máis ben é unha “ciencia oculta” que ten un modo de ver e relacionar ao ser humano co Cosmos.
A ciencia clásica soamente ve no sistema solar un mecanismo, un conxunto de obxectos en relación a través de forzas físicas, en cambio a Astroloxía cree que detrás da diversidade e a multiplicidade de fenómenos que hai no Universo, subxace a unidade esencial de tódalas cousas.

A Astroloxía ten elementos de ciencia pois implica unha concepción do real que é produto dunha profunda observación, ten as súas metodoloxías e require de técnicas de localización que toma elementos da astronomía. Tamén ten elementos das relixións pois póñenos en contacto co misterio cósmico e nos va adentrando nunha convicción que é froito da experiencia da conexión que existe entre os ritmos do Cosmos e a realidade humana.
A Astroloxía é coma filosofía hermética, préstalle servizo tanto á ciencia como á relixión sen ser ningunha delas e ao estar nun punto intermedio entre as dúas é obxecto de crítica e rexeitamento por parte de ámbalas dúas.
A Ciencia aproba que hai unha influencia física evidente entre o sol e a lúa e por exemplo os movementos das mareas, é algo case probado que as fases da lúa teñen unha influencia tamén na reprodución do gando, tamén é posible que as aliñacións do sol e a lúa afecten ao magma terrestre e iso aumente as probabilidades de que sucedan terremotos  ou erupcións volcánicas. A Astroloxía está vinculada ás crenzas que creen que existe unha relación entre a posición dos planetas e os feitos que teñen lugar na Terra, cree que a posición do sol, a lúa e os planetas xogan un papel importante nas persoas dende o momento do seu nacemento. Hai evidencias científicas do contrario?
Por todos estes aspectos vemos que a Astroloxía pode ser ou non unha Ciencia dependendo do punto de vista desde o que o miremos.



Comentarios

  1. Anque son poucas as entradas, están moi coidadas. Procura de todos modos, aumentar o número de entradas e mesmo melloralas con hipervínculos e vídeos. Ánimo, Leire, e a seguir mellorando!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Os irmáns lumière

IDEAS INNOVADORAS QUE CAMBIAN O MUNDO